03 janeiro 2006

Cuadrangular Galiza - España - Francia - Hungría



Nestes días de selección galega, lémbrome que hai dez anos organizouse co gallo do V Centenario da Universidade un Festival de Xadrez. Disputáronse dous torneos pechados, categorías 7 e 4; un torneo de semirrápidas aberto, sen premios; e un cuadrangular de seleccións nacionais xuveniles:
Galiza, España, Francia, Hungría.
O cuadrangular disputouse polo sistema de liga a dobre volta, cada enfrontamento a seis taboleiros. A selección galega estivo formada por Ángel Paredes Galán, Diego González Díaz, Julio González Díaz, Dan Cruz Álvarez de Ron, Roi Reinaldo Castiñeira, Pablo García Castro e David Jove Rey. Foron os seleccionadores galegos Xose Luis Veiga Goy e máis Manuel Barros Pazos.

Resultados: 1ª Rolda: Francia 4,5 - Galiza 1,5
Hungría 4 - España 2

2ª Rolda: Hungría 5 - Francia 1
España 4 - Galiza 2

3ª Rolda: Hungría 4 - Galiza 2
España 6 - Francia 0

4ª Rolda: Galiza 3,5 - Francia 2,5
España 2,5 - Hungría 3,5

5ª Rolda: Francia 2,5 - Hungría 3,5
Galiza 3,5 - España 2,5

6ª Rolda: Galiza 2 - Hungría 4
Francia 3 - España 3


Clasificación final: 1ª Hungría: 24 puntos
2ª España: 20 puntos
3ª Galiza: 14,5 puntos
4ª Francia: 13,5 puntos

3 Comentarios:

Blogger FEANS ASESORES said...

Paredes e Dan, tremendos cracks!

11:03 da manhã  
Blogger bouzafria said...

E magníficos xogadores de mus.
Daquela fixera Ángel Paredes 2 puntos en 6 partidas, mentres que Dan fixera medio punto en cinco partidas.

8:03 da tarde  
Blogger FEANS ASESORES said...

seguro que sairan a saco a noite anterior 8-)

12:02 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home