17 fevereiro 2006

Jorge Luis Borges

Borges escribiu no ano 1981: "El ajedrez es uno de los medios que tenemos para salvar la cultura, como el latín, el estudio de las humanidades, la lectura de los clásicos, las leyes de la versificación, la ética. El ajedrez es hoy reemplazado por el fútbol, el boxeo o el tenis, que son juegos de insensatos, no de intelectuales."

Eu non subscribo esa opinión. Supoño que a visceral escrita de Borges fundamentaríase na inmensa fama daquela de Passarella, Ardiles e Kempes; Monzón; Guillermo Vilas e Jose Luis Clerc en contraposición a modestia de Najdorf ou Panno.
O xadrez ten cualidades positivas que poderemos ir debullando proximamente, sobre todo ser un trasunto case perfecto do que é a vida humana. Mais a dicotomía xadrez - fútbol semella ser unha arroutada colérica humorística.
Hoxe case ninguén menospreza o deporte do fútbol dende un punto de vista intelectual, aínda tendo eivas evidentes cabo a súa faciana industrial-mercantil.
Eu gosto do fútbol e do tenis: Non me parecen xogos de insensatos.
O boxeo é outra cousa. Eu traballei cun ex-campión de España vido a menos ( vido a nada): A historia típica.
Do boxeo o único que me gosta son as películas que versan delo: Touro Salvaxe, Máis dura será a caída, e sobre todo "Champion", título español: "El ídolo de barro", de Mark Robson, cun extraordinario Kirk Douglas.

1 Comentarios:

Blogger bouzafria said...

En "Buscando a Bobby Fischer" é espectacular a luminosidade da cara do rapaz, os ollos. É curioso que esté baseada na historia real de Joshua Waitzkin, un bo xogador - que non chegou a atopar a Fischer. E moi real tamén son as escenas nas que os organizadores de torneos para escolares teñen que deixar fora da sala de xogo aos pais dos nenos.
De tódolos xeitos, a mellor película moderna que versa sobre xadrez, aínda que sexa lateralmente, é unha pouca coñecida chamada "Fresh", dirixida por Boaz Yakin.
Sobre as cualidades xogando ao xadrez, este xogo ten a vantaxe que sempre vas mellorando, non importa a idade, requírese só tempo, un pouco de estudio e algo de práctica.

12:15 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home