09 março 2006

O caso catalán

Lendo o libro de Paul Preston "Las tres Españas del 36", Plaza y Janés, 1999, no capítulo adicado a un personaxe inclasificable como Millán Astray, atopo a certeza de que o que estamos agora a vivir - unha feroz campaña anticatalana por parte da dereita - non é cosa nova. Lamentablemente retrotráenos aos comezos da Guerra Civil.
Esa dereita indecente, que dun modo noxento tentou en Galiza apropiarse - medallas mediante - de Castelao, na Castela agora e contra toda razón vai na procura de Unamuno.
Paul Preston lembra o sucedido, páxinas 90 e seguintes :
"Pouco despois de empezar a se encargar de popularizar a imaxe de Franco, Millán participou nun incidente que, a ollos do mundo estranxeiro, caracterizaría o réxime de Franco. Tivo un encontronazo co rector da Universidade de Salamanca, o filósofo e novelista Miguel de Unamuno, de setenta e dous anos. O 12 de outubro de 1936 no paraninfo da Universidade celebrábase o Día da Raza, aniversario do "descubrimento" de América por Colón. Millán chegara escoltado polos seus lexionarios armados con metralletas, afectación que conservaría durante toda a guerra. Varios oradores soltaron os consabidos tópicos acerca da "Anti-España". Un indignado Unamuno, que estivera tomando apuntes sen intención de falar, púxose en pe e pronunciou un apaixonado discurso: "Falouse aquí de guerra internacional en defensa da civilización cristiana; fíxeno eu mesmo outras veces. Pero non, a nosa é só unha guerra incivil... Vencer non é convencer, e hai que convencer, sobre todo, e non pode convencer a xenreira que non deixa lugar á compaixón.. Falouse tamén de catalán e vascos, chamándoos anti-España, pois ben, coa mesma razón poden eles decir outro tanto. E aquí está o señor bispo, catalán, para ensinarvos a doctrina católica que non queredes coñecer, e eu que son vasco, levo toda a vida ensinándovos a lingua española, que non sabedes..."
Nese punto, Millán empezou a berrar: "Podo falar? Podo falar?" A súa escolta presentou armas e alguén do público berrou "Viva a morte", no que, segundo Ridruejo, foi un exhibicionismo friamente calculado. Millán falou: "Cataluña e o País Vasco, o País Vasco e Cataluña, son dous cancros no corpo da nación! O fascismo, remedio de España, vén a exterminalos, cortando na carne viva e san coma un frío bisturí." Excitouse de tal xeito ata tal punto que non poido seguir falando. Produciuse un silencio mortal e unhas olladas angustiosas volveron cara Unamuno. "Acabo de escoitar o grito necrófilo e insensato de Viva a morte. Isto sóname o mesmo que Morra a vida, e eu, que pasei toda a vida creando paradoxos, hei de decirvos, con autoridade na materia, que este ridículo paradoxo paréceme repelente. Posto que foi proclamado en homenaxe ao último orador, entendo que foi dirixido a el, se ben dunha forma excesiva e tortuosa, como testemuña de que el mesmo é un símbolo da morte. E outra cousa! O Xeral Milán Astray é un inválido. Non é preciso decilo en ton máis baixo. É un inválido de guerra. Tamén o foi Cervantes. Mais os extremos non sirven como norma. Desgraciadamente hai hoxe en día demasiados inválidos. E pronto haberá máis se Deus non nos axuda. Dóeme pensar que o Xeral Millán Astray poida dictar as normas de psicoloxía das masas. Un inválido que careza da grandeza espiritual de Cervantes, que era un home, non un superhome, viril e completo a pesares das súas mutilacións, un inválido como dixen, que careza desa superioridade de espíritu sentirase aliviado vendo como aumenta o número de mutilados arredor de el... O xeral Millán Astray quixera crear unha España nova, creación negativa sen dúbida, segundo a súa propia imaxe. E por iso desexaría unha España mutilada..."
Furioso, Millan berrou: "Morra a intelixencia" Nun intento de calmar os ánimos, o poeta José María Pemán exclamou: "Non! Viva a intelixencia! Morran os malos intelectuais! " Unamuno non se amilanou e concluiu: "Éste é o templo da intelixencia, e eu son o seu supremo sacerdote. Vos estades profanando o seu sagrado recinto. Eu sempre fun, diga o que diga o proverbio, un profeta no meu propio pais. Venceredes, pero non convenceredes. Venceredes porque tedes sobrada forza bruta; pero non convenceredes, porque convencer significa persuadir. E para persuador necesitades algo que non tedes: razón e dereito na loita. Paréceme inútil pedirvos que pensedes en España."
Millán Astray controlouse o suficiente como para, sinalando a esposa de Franco, ordenarlle: "Colla o brazo da señora!", cousa que fixo Unamuno, evitando así que o incidente acabara en traxedia.

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Good design!
[url=http://mjdxvxiw.com/vlbz/qkco.html]My homepage[/url] | [url=http://ugazygoc.com/hipm/zysm.html]Cool site[/url]

9:33 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Well done!
http://mjdxvxiw.com/vlbz/qkco.html | http://pzqvpqlm.com/lmzo/hhjs.html

9:33 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home