20 novembro 2006

A cidade perdida

Chega meu cuñado a Vigo dende Londres o venres ao mediodía para poder asistir á estrea do documental dos seus amigos: "A cidade perdida". Durante o xantar do sábado fala laudatoriamente dela e da dignidade dos seus colegas resistindo a presión dos concelleiros na pasada noite. Non hai tempo para máis contadas, xa que volta á Londres o domingo pola mañá.
Peculiar cidade, estrana e paradóxica, Vigo é severamente criticada polos seus propios veciños, nun costume masoquista e inxusto.
Cautiva e desarmada a cidade ante as sucesivas ondadas que a deixaban sen boa parte dos seus edificios máis dignos, os esforzos cidadáns eran guiados por motivacións estrictamente individualistas ( xustamente na poboación onde máis forte é a capacidade asociativa ) que deixaban a corporación municipal nas maos dos máis indesexables elementos que un poidera maxinar.
Na miña memoria da infancia resoa o eco de Portanet Suárez, modelo de alcalde que tivo ampla herdanza nos seus sucesores. Segundo unha incrible enquisa dun xornal da Coruña, o máis aventaxado discípulo do propietario de gasolineiras podería ter a chave dos novos despachos da rúa Areal. E de confirmarse os prognósticos dos inquéritos habería que voltar a pensar no exilio retornando á Capital: O único bo candidato ( magnífico, pero pode que catro anos antes do debido) para as próximas municipais é o único que perde votos. Alucinante.