27 março 2007

Non aturo

Non aturo á xente moza que no autobús non lle deixa o sitio ás embarazadas ou aos anciáns.
Non aturo á xente moza que cuspe nas rúas os seus lapos nicotinizados.
Non aturo ás vellas que tentan colarse cando agardamos a vez na charcutería.
Non aturo aos conductores que pensan que a cidade é un circuito de carreiras.

Xa non digo que volvamos ao protocolo de, por exemplo, se paseas cos pais, a nai vaia polo medio, o pai na dereita e ti na esquerda.
Digo, máis nada, que un mínimo de respecto é necesario. Aínda que supoña a constatación dunha eiva enorme na educación cívica dos últimos anos, gostaríame que nos contidos da necesaria asignatura de "educación para a cidadanía" estiveran esas cuestións básicas de imprescindible cumprimento.

Etiquetas:

6 Comentarios:

Blogger Mario said...

Escoitei que en Alemaña os rapaces non ceden o asento aos vellos porque é un xeito de recriminarlles un pasado que repudian. Vai ti a saber como é aquí.

8:31 da tarde  
Blogger A Raíña Vermella said...

Totalmente dacordo, só engadir que polo xeral os maiores de certa idade, poñamos 50 ou 60, fan gala dunha educación infinitamente peor que os mozos. Supoño que pensarán que, aos seus anos, teñen dereito a facer o que lles pete.

6:53 da tarde  
Blogger cambote said...

Coincido como usurario case que diario de buses.
Ás veces collo o nocturno e é do peor, rapaces do máis ordinario.

11:56 da manhã  
Blogger R.R. said...

Señor Bouzafría, completamente de acordo agás, como di a Miña Maxestade Vermella, no de non incluir ós vellos neste reparto. Aínda que o certo é que estas cousas se vén máis entre rapazolos, e supoño que foi algún/algúns os que o cabrearon dabondo como para escribir este acertado post.

Creo que estamos conseguindo un mundo ben difícil e ben desagradable, no que unha mirada pode chegar a ser ofensiva, un sorriso pode facer que che tomen por tolo e unha amabilidade -deixar pasar a alguén que leva un kilo de plátanos diante na caixa porque ti levas o carro cheo, por exemplo- algo sospeitoso. Xa nin che digo entablar unha conversa con calquera con quen coincides nun café, unha rúa ou unha consulta. Hai quen reacciona como se lle acabases de dicir: "vouno violar" ou "déame todo o que leva". Pola parte que me toca prometo insistir no de cabrearme menos dentro do coche, pouco a pouco estouno conseguindo, e deixo aquí un pensamento de Patatín ou Patatán: ¿por que cando vas andando pola rúa se chocas con alguén dis "perdón" e se vas dentro dun coche -aínda que non chegues ó contacto- dis "mecagontumadre" ou cousas peores?

Perdón pola extensión, coma sempre. Bo post.

5:37 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Non hai nada que perdoar, r.r.
É ben certo o que di a raíña vermella, volvo reiterar, sobre todo nas colas dos supermercados, ou no centro de saúde...
E non sei que facer, porque discutir con vellos non me agrada, pero a miña famosa miope mirada asasina non lles fai efecto.

6:58 da tarde  
Blogger besbe said...

O da xente nova e os lapos, do peor, onte case me da un de pleno e mirada de miope asasina non terei, pero un " case acertas eh?" si me saiu..."ai chica, lo siento" Vai cagar de campo, que o de cuspir é algo que me da moito noxo.

Despois o dos maiores, esquecédesvos da caixa de aforros, unha señora chegou a quitarme o número da man dicíndome, "ahora voy yo"..."eieieieiei señora a onde vai" e aí fulmineina na miña mente criminal, incrible.

E despois está o caso dos señores con problemas de próstata que se poñen a mexar en calquera sitio na rúa, a min non me mola verlle o pirindolo a ninguén e non sei porque teiman en ensinalo despois de sacudilo...

sinto tanto resquemor, pero razón non che falta, hai moita falta de educación por aquí adiante.

10:39 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home