24 abril 2007

Berlín - Compostela



Berlín e unha cidade fotoxénica xa dende antiguo. Billy Wilder fixo nela dúas estupendas películas: "Berlín Occidente" e "Un, dous, tres".
Coa caída do Muro naceu a posibilidade de facer ficción sobre o paradoxo xurdido na coexistencia de dous mundos distintos vivindo na mesma cidade: A marabillosa "Good bye Lenin" coa namorable Chulpan Khamatova e o encantadoramente riquiño Daniel Brühl. E a premiada "Berlin is in Germany" dirixida por Hannes Stöhr.
Hannes Stöhr aproveitou a súa estadía en Compostela para facer amigos, ir pola Nasa, facer malabares, asistir a clases de xadrez, e aprender o noso idioma, o galego, como consta na súa páxina web.
Cando se esgote o tema da anacronía xermana, estaría ben que o amigo Hannes voltara por estas terras e fixera outra película cun tema semellante pero noutro lugar: Suxiro Compostela.
Mentres nalgunhas aulas da Universidade discútese sobre a teoría das Supercordas, non máis lonxe de trinta kilómetros hai lugares onde non teñen auga da traída. Ao tempo que algúns intelectuais elaboran discursos sobre o azar e a necesidade, ben perto de alí, os días de votacións, os prohomes de cada parroquia carretan aos seus veciños cara aos Colexios Electorais. Na terra onde hai un excelso cinema de animación, ou compañías punteiras tipo Blu:Sens, non desaparece a autoxenreira, o complexo de inferioridade, a negación de seres quen son.
Hai tema para unha película, e estaría ben que un individuo de fora fixéranos un bo retrato.

Etiquetas: ,

7 Comentarios:

Blogger R.R. said...

Eu engadiría a esa lista, aínda que aí pode que Berlín non sexa tan protagonista, La Vida de los Otros. Marabilloume.

Sobre o do retrato, pois si: partindo desa descrición acertada que vostede fai, dá para un bo guión. O peor é que ós galegos non lles parecería interesante, lóxicamente.

12:46 da manhã  
Blogger Mario said...

E iso por non falar da ruptura xeracional, da que xa teño falado neste mesmo blog. Como vamos respeitar aos maiores que nos tiveron vinte anos atados ao mau goberno?

9:34 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Fabulosa A vida dos outros r.r., eu aínda fun vela hai un mes e pareceume incrible aínda que Berlín como ti dis non sae moito, agás ao final, ese enormes edificios maxestuosos cheos de pintadas...

Grazas Bouza pola recomendacións cinéfilas...Quedan aínda uns meses para as vacacións estivais, pero a ansia de viaxar xa me fixo mercar hai o venres pasado a guía de Lonely Planet para preparar a viaxe...Destino - se os deuses queren - : Berlín!!!

7:53 da tarde  
Blogger A Raíña Vermella said...

Das pelis, quédome con "Berlin is in Germany" e con "O ceo sobre Berlín". Esta parece ser a terra da contradicción, onde a "modernidade" chega tarde mal e arrastro, ou en todo caso só superficialmente.
P.D: que curioso que menciones ti tamén a teoría de cordas, coa que ando a voltas. Cópioche o link porque xusto falabamos de se se pode demostrar ou non. Por que iso non é primeira páxina dos xornais?. Un bico dende o Espello:)

10:45 da manhã  
Blogger bouzafria said...

Terase que ver logo "La vida de los otros". Como ben sabe r.r. o tempo ten outra dimensión cando hai pequerrechos, e agora é máis difícil atopar tempo para ver películas. De tódolos xeitos, aproveitei unha rápida viaxe a Madrid para coñecer ( nas esperas no Aeroporto)a Pantaleón e máis Fernando (parabéns, r.r.); e na volta volvín ver unha película clásica: "Bola de Fuego" con Gary Cooper e Bárbara Stanwick.
Raíña, aínda que de letras, teño bos amigos físicos que tentan explicar esas cousas raras das cordas.
Boa viaxe a Berlín, Jan: bo destino.
Mario: a bioloxía - o mero paso do tempo - fará mudar a faciana deste país.

9:26 da tarde  
Blogger Ninsesabe said...

¡Canta razón tes! O rural está deixado da man de Deus e dos políticos.

12:38 da tarde  
Blogger R.R. said...

¡Gracias!

8:37 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home