14 maio 2007

Memoria


Somos memoria, máis nada. Estou lendo unha autobiografía excelente: a de Luis Buñuel. Nela, no primeiro capítulo, o director aragonés fai un pequeno ensaio sobre a memoria: o espíritu que nos conforma. Somos persoas porque temos lembranzas, e a memoria xustifica que poidamos ser premiados ou sancionados. Unha interesante película de Hal Hartley, Isabelle Huppert de protagonista, ía sobre a irracionalidade do castigo sobre un home amnésico.

Non teño grandes motivos para seres así, pero a miña tendencia natural é a da suave saudade. Lembro, aínda que o tempo pasado non foi mellor.

O pasado sábado, durante cinco minutos, tiven a ocasión de volver pisar a area da praia balear onde durante dous veráns consecutivos tiven o meu primeiro traballo. Daquela gobernaban Felipe González en Madrid e Fernández Albor en Compostela, e os billetes de avión valían máis daquela que hoxe.

A praia trocou: hai moita máis area, menos parasois, menos velomares. Daquela unha hora valía 325 pesetas para dúas persoas ( drai jundra esvai und suansig ain estiunde esvai personen), agora seis éuros. Desapareceu o Solarium e a cafetería ( Balneario 0 ).

Non me deu tempo para unhas bágoas, pero si para tirar unhas fotos. Exorcizado definitivamente sei que cando vaia por alí xa non terei que voltar.

Etiquetas:

3 Comentarios:

Blogger benxa said...

Ehm... Lamento moito interromper este momento proustiano... odiaría ser a causa de que se lle atragante a madalena, co perigo engadido de que puidera non haber ninguén a man para facerlle a manobra de Heimlich, pero...
¿e a miña sobrasada? ¿eh? :-P

10:21 da tarde  
Blogger bouzafria said...

A súa sobrasada chega mañá pola tarde ao aeroporto de Vigo... ou prefire unha ensaimada con crema ou con cabelo de anxo?

10:25 da manhã  
Blogger benxa said...

O do cabelo non o tomarei como unha indirecta. Manifesto dende xa a miña absoluta incapacidade de decidirme por unha en detrimento da outra, sería facerlle un desprezo a un de eses dous magníficos alimentos, e non hai necesidade. Ademáis na miña casa aprendéronme a non ser escollido coa comida. Tráiame unha ensaisada ou unha sobraimada, que eu saberei agradecerllo.

5:22 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home