03 julho 2007

Retorno a Brideshead.

Curiosamente, os probablemente meus tres escritores británicos favoritos son católicos: Gilbert Keith Chesterton, Graham Green e máis Evelyn Waugh. (Tamén podería meter na carpeta de favoritos a Somerset Maughman, pero as veces semella tan británico coma francés).
Dunha das novelas de Evelyn Waugh, "Brideshead Revisited" fíxose a para min, sen dúbida algunha, mellor serie de TV que se fixo nunca. Extremadamente fiel á escrita orixinal, alí coñecín por vez primeira a Jeremy Irons, namoreime tamén de Diana Quick, admirei a fermosura irrepetible de Anthony Andrews e volvín aplaudir as interpretacións de Sir Laurence Olivier, Sir John Gielgud, Claire Bloom ou Stephane Audran, por exemplo.

Eu gosto de regalar libros, e na cabeza do meu ránking de máis regalados fican a devandita "Retorno a Brideshead" xunto a tamén excelente "La vida, instrucciones de uso" de Georges Perec.

De seguido, veñen catro momentiños desa novela de Waugh, que a min me parecen especialmente bonitos, en castelán, traducidos por Caroline Phipps para a edición de Tusquets.

Etiquetas: ,