Supoño que outra máis das eivas da transición - tan eloxiada polos medios de comunicación, pero mal resolta - foi o sistema electoral. E non me refiro o dislate que algún botarate ornea querendo facer calar aos nacionalistas periféricos, en aberta contradicción non só co sentido común e a limpeza do xogo senón tamén coas asépticas
matemáticas.
Falo agora simplemente do feito que a máis da metade das circunscripcións electorais correspóndellen un número de
diputados pares.
Ésta é unha das causas polas que realmente o resultado da guerra do 9 de marzo dilucidarase en doce ou trece batallas: aquelas provincias onde é importante ser a forza política máis votada e ademáis sexa factible algunha variación na atribución dos escanos.
Todo o anterior explicaría a posibilidade real, e coido que non lonxana no tempo, que o
Partido Popular non gañara en votos pero si en diputados. Máis na práctica pouco lle valería, voluntariamente aillados.
Aínda é moi cedo para facer previsións, pero arríscome a facer a miña - é un dicir, o que vou comentar eche ben doado de asinar: Vanse repetir aproximadamente os resultados de hai catro anos, gañando o PSOE con maioría simple e o
PP a algo menos distancia que daquela. No que atinxe a Galicia adianto que o BNG tamén repite resultados pero aumenta influencia.
A emoción acá estará en Ourense: quen se levará o cuarto diputado? Agora mesmo as tres forzas semellan ter opcións.
Pregarei pola inexistencia das maiorías absolutas. Votarei polos diálogos e pactos, polas transaccións, xa proveñan das aldeas, das cidades ou da vila.
Etiquetas: eleccións