09 fevereiro 2008

9 de marzo

Supoño que outra máis das eivas da transición - tan eloxiada polos medios de comunicación, pero mal resolta - foi o sistema electoral. E non me refiro o dislate que algún botarate ornea querendo facer calar aos nacionalistas periféricos, en aberta contradicción non só co sentido común e a limpeza do xogo senón tamén coas asépticas matemáticas.
Falo agora simplemente do feito que a máis da metade das circunscripcións electorais correspóndellen un número de diputados pares.
Ésta é unha das causas polas que realmente o resultado da guerra do 9 de marzo dilucidarase en doce ou trece batallas: aquelas provincias onde é importante ser a forza política máis votada e ademáis sexa factible algunha variación na atribución dos escanos.
Todo o anterior explicaría a posibilidade real, e coido que non lonxana no tempo, que o Partido Popular non gañara en votos pero si en diputados. Máis na práctica pouco lle valería, voluntariamente aillados.
Aínda é moi cedo para facer previsións, pero arríscome a facer a miña - é un dicir, o que vou comentar eche ben doado de asinar: Vanse repetir aproximadamente os resultados de hai catro anos, gañando o PSOE con maioría simple e o PP a algo menos distancia que daquela. No que atinxe a Galicia adianto que o BNG tamén repite resultados pero aumenta influencia.
A emoción acá estará en Ourense: quen se levará o cuarto diputado? Agora mesmo as tres forzas semellan ter opcións.
Pregarei pola inexistencia das maiorías absolutas. Votarei polos diálogos e pactos, polas transaccións, xa proveñan das aldeas, das cidades ou da vila.

Etiquetas:

10 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Pontevedra, 4ª deputado pró PP a custa do BNG, síntoo ben pero vai ser así

6:04 da tarde  
Blogger Mario said...

Eu coincido coa análise en liñas xerais, pero creo que o BNG se vai descalabrar cousa fina.

6:55 da manhã  
Blogger R.R. said...

Pídolle disculpas por meter esta nova aquí, pero é que non puiden evitar recordalo a vostede cando a lin: se se achega a retar ó primo de Marley faga o favor de avisar que baixo alá e invito a algo:

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2008/02/13/0003_6564577.htm

Sobre o asunto do post: o enlace que pon a Público mete un pouco de medo, sobre todo ós que cremos que a Lei d'Hont é unha trampa que, ademáis, elimina o diálogo do parlamento (se non me equivoco para iso están os parlamentos, para encontrar acordos entre opinións moi diversas). O que pasa é que vendo a quen favorece, enténdese todo mellor.

Sobre o de que o PP acabase gobernando con menos votos pero máis deputados: se cadra era unha opción que o PSOE debería considerar para tentar reformar a Lei Electoral; oxalá lle vexan as orellas o lobo e na nova lexislatura precisen novamente dos votos doutras forzas (aínda que eu son dos que auguran o que Mario, e oxálá nos equivoquemos, máis que nada porque as alternativas con posibilidades de representación son aínda peores). O problema vai ser que o PP non vai minguar moito porque o país ou o estado segue sendo fondamente franquista e esa reforma (que se non recordo mal precisa 2/3 do Parlamento) nin se plantexará.

E pregúntome: ¿cómo se sentirán dende hai anos os votantes das múltiples Esquerdas Unidas vendo que os seus votos non valen para nada e que son os máis desfavorecidos pola Lei?

10:16 da manhã  
Blogger R.R. said...

O enlace: póñao todo na mesma liña, é que saiu partido (ou dividido, habería que dicir para con confundir tratándose deste post)
http://www.lavozdegalicia.es
/coruna/2008/02/13
/0003_6564577.htm

10:20 da manhã  
Blogger bouzafria said...

R.R: Xa o lira, non teño tempo nen para unha partidiña, pero se cadrara, non tema, avísolle.
Si, coa lei electoral pasa o mesmo que cos votos da emigración: aos dous grandes partidos estatais non lles interesa facer trocos, porque ámbolos dous pensan que a trampa vailles favorecer na seguinte vez.

Ao anónimo e máis a Mario e R.R.: Non sei ben as causas de pensar nun posible descalabro: Dende logo non vai ser porque os anteriores votantes do BNG vaian de vez pasar ao PP do ácido bórico e España se rompe.
E se nalgunha vez sentín que ser galego nesta lexislatura que vai morrendo ten valor, débollo aos dous diputados do BNG moito máis que aos invisibeis diputados galegos do PSOE.
Deixando á marxe as posibles simpatías persoais que poidera ter suscitado algún diputado galego, e referíndome só ao traballo feito, ¿algún votante do BNG de hai catro anos considera que o seu voto estaría mellor depositado daquela noutro partido?

Aínda que fica pendente para outro día, coido moi representativa a característica máis salientable do típico votante nacionalista: hipercrítico cos seus, alleo a calquer posibilismo, rosmón, en resumo.

8:45 da tarde  
Blogger Zerovacas said...

Paréceme interesante a reflexión sobre o papel das circunscricións cun número par de electos nun sistema bipartidista. E si, o resultado pode ser un PSOE gañador en votos e un PP con máis escanos (o PSOE sempre necesita superar en máis de 1,5 puntos aos populares para superalos). Se a cousa fose así, teríamos un lío considerable durante semanas (ou durante catro anos), acusacións de falta de lexitimidade...

En canto aos resultados do BNG, é difícil que baixe máis (no 2004 ficou moi cerca dos resultados de 1993), pero con que perda un punto por coruña e outro por pontevedra, perderá os dous escanos. Así, por facer unha porra, supoño que manterá o da Coruña e perderá o de Pontevedra.

9:30 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Calidonia e mais eu apostámoslle unha comida nun restaurante dos que cita manologago: eu que absoluta do psoe, el que non.

Non estaría mal comer con vostede, pero non sei qué apostar...

2:38 da manhã  
Blogger bouzafria said...

Zerovacas e Cesare: Qué difícil é acertar nas porras electorais. Aínda lembro eu a gran e inesperada sorpresa que foron os resultados de Coalición Galega, alá polo 85 ou 86 - once parlamentarios!
Non consigo sacar da cabeza a idea de que as enquisas máis que ser unha traslación do pensamento da xente, son realmente o que desexan algúns que pase ao final. Tiven eu a teima de que iso non é máis que o principio de incerteza de Heisenberg pasada a escala real: a visión da situación política inflúe no resultado final.
Caro Cesare, despois do inquérito publicado por Público o domingo semella estar moi lonxe a maioría absoluta do PSOE... afortunadamente. Eu prego porque ningún dos dous acade iso.
E por último, despois de catro anos vendo como gobernan uns e como fan oposición os outros, non sei porque tanto rebumbio polos debates electorais. Debates, por outra banda, que esquecen que neste estado hai máis de dous partidos políticos que se presentan.
Pero claro, como no voto emigrante, como na lei electoral, mentres eles dous pensen que poden manexar o calote imos seguir así, igual de aviados.

12:18 da manhã  
Blogger R.R. said...

Aí lle vai, unha consecuencia intelixente dos debates madrileños e unha refutación dos agoiros que pode ser refutada, pero, de momento, aí está.

Eu non sei a quen votarei, pero alégrome de ler isto (pese a que poda haber decepción postcoital dende que chegaron á Xunta e todas esas cousas):

http://www.lavozdegalicia.es/especiales2008/elecciones/2008/03/01/0003_6613945.htm

Saúdos.

12:09 da tarde  
Blogger R.R. said...

O enlace: póñano todo na mesma liña, claro.
http://www.lavozdegalicia.es/
especiales2008/elecciones/
2008/03/01/0003_6613945.htm

12:10 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home