28 março 2008

Nova Biblioteca

Hoxe inaugurouse en Compostela a Biblioteca Pública Anxel Casal, coa presenza do Presidente da Xunta, do Ministro de Cultura en funcións e máis a Conselleira de Cultura.
Leva o nome de Ánxel Casal o editor compostelán que durante cinco meses foi alcalde da capital galega, ata que o 20 de xullo de 1936 fora destituido de facto pola "autoridade militar" que se ergueu contra a República, para posteriormente ser detido o 4 de agosto e asasinado en Cacheiras na noite do 18 ao 19 de agosto daquel infausto 36.
Ánxel Casal tivo a honra como editor de publicar os "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca, o cal, nunha lamentable coincidencia , tamén foi asasinado o mesmo día que o seu editor galego.

Etiquetas: ,

2 Comentarios:

Blogger paideleo said...

Mui curioso todo o que explicas.

1:00 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Está ben que se recupere a memoria. Aínda que a levamos sempre connosco parece que estivese perdida.

E grazas por contarnos unha das grandes bromas macabras que tanto lle gustan á Historia.

5:35 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home