13 março 2008

Voto por correo: Exercicio do dereito

Unha nova dun xornal faime plantexar algunhas dúbidas sobre o voto por correo que de contado sinalo:

a) Cándo se perfecciona o exercicio do dereito a votar por correo? Cando se entrega o voto nas oficinas de Correos? Cando o voto extraído da saca de Correos é introducido na urna?

b) Dependendo das respostas anteriores saberiamos se unha persoa que emitira o voto por correo podería - ou non - acudir ao Colexio Electoral e votar presencialmente.

c) Qué pasa, logo, se unha persoa morre despois de emitir o voto por correo e antes das 00:00 horas do día da votación? Ou se morre entre as 00:00 horas e o momento de se abrir os Colexios Electorais? Ou se morre despois de abertos os Colexios pero antes de que o seu voto sexa introducido na urna?

Eu discrepo da resposta chave a estas preguntas que fica nas propias normas que regulan os procesos electorais: "Non poden votar persoalmente, na mesa electoral, os que exerceron o dereito a votar por correo."

Xa que a resposta ao punto b é que non se pode votar persoalmente, deducése que esa prohibición é para evitar a duplicidade de voto e por conseguinte considérase que o voto xa foi emitido, aínda que non entrara fisicamente na urna ( os votos por correo son os derradeiros ).
Por certo, a solución dada nas eleccións as federacións deportivas é máis sinxela: O voto por correo é válido se o interesado non emitiu persoalmente o seu voto con anterioridade.

Pasamos ao punto c: O teu voto xa está enviado por Correos, e de acordo co punto b é irreversible a decisión... O problema aparece coa morte do cidadán: Pódese introducir o voto na urna se o pasamento ocurriu nalgun día anterior ao das eleccións? Para min está clara a resposta no senso de que se debe introducir o voto na urna se o falecemento acaece despois das 09:00 horas, e que non - en contradicción coa resposta chave - se foi en días anteriores. Pero que decisión tomar se a persoa morre entre as 00:00 e as 09:00 horas?

Estas discusións, bastante bizantinas, lémbranme aquelas que tiñamos en dereito penal verso a calificación xurídica da morte voluntaria dun bebé nacendo: Se matan ao bebé xa fora do corpo da nai pero sen cortar o cordón umbilical, é aborto ou homicidio?

Etiquetas: ,

3 Comentarios:

Blogger Mario said...

Si señor, a comparación é perfecta: as discusións bizantinas de Dereito. O que non entendo é como non se aproveitou aínda a tecnoloxía que temos para permitir o voto informático (e non só nas eleccións, estou pensando en ciberreferendums).

10:31 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Si, por exemplo é incrible que os mariñeiros non poidan votar

6:38 da tarde  
Blogger R.R. said...

Hoxe vin en prensa unha noticia sobre o asunto e agora non a dou atopado...

8:03 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home