08 abril 2008

Debut de Mora

O pasado sábado pola noite, despois de volver ver na televisión a enésima axuda arbitral ao poderoso, fixen un rápido zapping coa TDT. Parei nunha canle da TVG onde ía empezar a retransmisión íntegra (por certo, moi deficientemente narrada, chea de favoritismos) dun vello partido: O Real Madrid-Barcelona da primeira temporada de Cruyff na Liga, a 73-74: o partido do 0-5, cando debutou o goleiro Mora cos blaugranas.

REAL MADRID C.F. : García Remón; Morgado, Benito, Zoco, Rubiñán; Pirri, Netzer, Velázquez; Amancio, Aguilar (Santillana, min. 46), Macanás.

F.C. BARCELONA : Mora; Rifé, Costas, De la Cruz, Torres, Juan Carlos, Rexach, Asensi, Cruyff, Sotil, Marcial (Tomé, min. 69).

Como era tarde e viña chegando Pedro Chosco só puiden ver a primeira parte. Co 0-0 o Madrid estragou unha oportunidade clarísima. Despois xa non houbo opción: había demasiada diferenza de calidade e de velocidade entre os equipos.

Mágoa que non estén suficientemente publicitadas a emisión destes partidos clásicos. E a seres posible co seu son orixinal.

Etiquetas:

2 Comentarios:

Blogger Raposo said...

Si que son interesantes e prestaría velos. ¿Onde dan esos partidos?

1:19 da manhã  
Blogger bouzafria said...

Nunha das canles da TVG en TDT, non sei se na de Europa ou a de América.

8:24 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home