25 junho 2008

Días de fútbol

Non vin moito fútbol nestes pasados días, pero agora, cando só faltan tres partidos para que remate a Eurocopa, devezo para que chegue o xoves e ver o Rusia-España. É probable que sexa o partido máis bonito que un poida ver nestes momentos ( o guión do Alemaña - Turquía de mañá sabémolo por anticipado: defensa numantina dos turcos ata que case o final do partido Podolski ou Klose ou Schanwsteiger meten o gol que levan, como sempre, aos tedescos á final), e de seguros nada terá que ver con aquel que os mesmos contendentes xogaron o día dez.
España ten bos xogadores de medio campo para adiante, e sempre mellora cando aparece Cesc, xogador moi interesante, capaz de combinar curto e longo, de pasar e de chegar ao remate. Rusia, pola súa banda, é para min a revelación da Eurocopa, e o seu partido ante Holanda unha pequena obra de arte asinada por unha réplica de Mostovoi: Arshavin, que en tan só dous partidos xa merece o calificativo de mellor xogador do torneo.
Coido que Rusia é lixeiramente favorita para estares na final: teñen mellor fondo físico - como se demostrou na prórroga doutro día - e Arshavin non será desactivado pola defensa española. Se España quere facer algo terá que xogar o balón con rapidez e ser moi verticais: se así fora veremos moitos goles ( a defensa rusa mesmo é peor que a española ) e pasaremos un bo rato. Todo un mundo comparado co tedio que mañá anticipamos será o partido entre teutóns e coruñeses ( aos que aínda por riba fáltalles Nihat, misión imposible).

Etiquetas:

2 Comentarios:

Blogger tangaranho said...

Acertaches no do resultado; com efeito, trunfo alemám de última hora. O artilheiro autor do golo da vitória foi Lahm, nom Klose (que também marcou) nem Podolski (que nom marcou mas tivo algumha oportunidade). O que nom é certo é que Turquia jogasse à defensiva, de facto apresentarom mais batalha da esperada.

Eu nom gostaria de que Espanha chegasse à final, e menos com a que está caindo. Em plena ofensiva do neo-fascismo espanhol, era o que nos faltava.

4:57 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Débome estar facendo maior, pero o que desexo dun partido de fútbol é que me divirta; mesmo cando se trata do Celta ou da Selección Galega non fico satisfeito con victorias non merecidas. Por iso agardo con interese o partido desta tarde porque España e Rusia ten pinta de ser un enfrontamento ben divertido, con dous equipos que coidan a pelota e que atacan con rapidez e técnica.
Unha hora antes do comezo volvo reiterar a miña admiración por Arzhavin, hai moito tempo que non me impresionara tanto un xogador.
Con respecto ao de onte, é verdade que Turquía deu moita batalla, é máis, mereceu gañar. Pero xa sabes a frase de Gary Lineker de que o fútbol é un deporte que xogan once contra once e que gañan os alemáns.
Supoño que o que gañe este serán convertirase en campión de Europa o domingo.
Remato: non creo que estemos en plena ofensiva do neo-fascismo español, o pior aínda está por chegar.

7:35 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home