28 setembro 2008

Xesús

Non o coñecín, pero faláronme moito e ben del nos últimos tempos. Especialmente miña compañeira, que foi varias veces por motivos profesionais a súa casa nestes derradeiros meses seus e que voltaba impresionada pola súa personalidade, entereza e intelixencia. Un día ela apareceu cun agasallo seu: un libro agarimosamente adicado e que dende onte, lamentablemente, adquire un novo valor. Deixou tamén un consello que me pareceu moi atinado: non importa se os fillos agora non falan galego; o importante é colocar neles a semente do noso vello idioma... que xa agromará no seu momento.
Nestes tempos é aínda máis triste perder xente de paz.

Etiquetas:

27 setembro 2008

Listaxes de películas

Gracias á mudanza achei pequenos tesouros esquecidos aos que voltaremos con máis vagar.
No medio do rebumbio apareceu unha libretiña onde tiña escritas as respostas que hai uns anos depuxeron uns amigos a un simple inquérito: digan as súas dez películas favoritas.
Tras unha leve edición e actualización, alí van:

Lista de películas. 1.

Autor: Funcionario dos Xulgados. Ano 1998

1. El hombre tranquilo.
2. Laura
3. Uno, dos, tres
4. Berlín Occidente
5. Irma La Dulce
6. La soga
7. Blade Runner
8. Delicatessen
9. El leon en invierno
10. El mundo en sus manos.



Lista de películas. 2.

Autor: O mesmo funcionario dos Xulgados. Ano 2008

1. El hombre tranquilo.
2. Laura
3. Uno, dos, tres
4. La soga
5. Blade Runner
6. El leon en invierno
7. El mundo en sus manos.
8. El tercer hombre
9. Misión de audaces
10. Charada




Lista de películas. 3.

Autora: Arqueóloga antes de ir vivir ás antípodas. Ano 1998

1. Cuando Harry encontró a Sally.
2. Blade Runner
3. Desayuno con diamantes
4. Secretos del Corazón
5. La fiera de mi niña
6. Fantasía
7. Duelo al Sol.
8. Tierras de penumbra
9. El marido de la peluquera



Lista de películas. 4.

Autora: Arqueóloga antes de se converter en doutora. Ano 1998

1. Dersu Uzala.
2. El planeta de los simios.
3. Tres colores: azul.
4. Tres colores: rojo.
5. Metrópolis.
6. El paciente inglés.
7. Secretos del corazón.
8. Fargo.
9. El marido de la peluquera
10. The Pillow Book.


Lista de películas. 5.

Autor: Hipatia. Ano 1998

1. Novecento.
2. El Gatopardo.
3. La familia.
4. La sala de música.
5. Blade Runner.
6. Nos habiamos querido tanto.
7. ¿Qué hora es?
8. El viaje del capitán Fracasa
9. La dolce vita.
10. Ciudadano Kane.



Lista de películas. 6.

Autora: A alma do Atlántico. Ano 1998

1. Paseo por el amor y la muerte.
2. Desayuno con diamantes.
3. Taxi Driver.
4. Paris - Texas.
5. Historias de Filadelfia.
6. Con faldas y a lo loco.
7. Totó el héroe.
8. Cabaret.
9. Érase una vez en América.
10. Fargo.


Lista de películas. 7.

Autor: O mellor xadrecista galego dos últimos quince anos. Ano 1998

1. Barry Lindon.
2. Tres colores: Rojo.
3. Mentiras Arriesgadas.
4. Terminator I.
5. Matrix.
6. Blade Runner.
7. Siete días de mayo.
8. Espartaco.
9. 2001 una odisea en el espacio.
10. Que bello es vivir.


Lista de películas. 8.

Autora: Farmacéutica ao volante. Ano 1998

1. Mujeres a flor de piel.
2. Tres colores: Rojo.
3. Léolo.
4. El color púrpura.
5. Un corazón en invierno.
6. Lunas de hiel.
7. Rompiendo las olas.
8. Forrest Gump.
9. Trainspotting.
10. Pulp Fiction.

Lista de películas. 9.

Autora: A mellor xadrecista galega dos últimos dez anos. Ano 2008

1. Lucía y el sexo.
2. El hijo de la novia.
3. La educación de las hadas.
4. Mi vida sin mi.
5. El pianista.
6. El último tren.
7. El mismo amor, la misma lluvia.
8. Amelie.
9. Pequeña Miss Sunshine.
10. Crazy.





Lista de películas. 10.

Autor: O mantedor deste blog. Ano 1998

1. O compromiso.
2. Tres colores: roxo.
3. Historias de Filadelfia.
4. O Grupo Salvaxe.
5. Río Bravo.
6. Some like it hot.
7. El Sur.
8. Atraco a las tres.
9. O home que disparou a Liberty Valance.
10. Miracolo á Milano.


Lista de películas. 11.

Autor: O mantedor deste blog. Ano 2008

1. O compromiso.
2. Tres colores: roxo.
3. O Grupo Salvaxe.
4. Some like it hot.
5. Atraco a las tres.
6. O home que disparou a Liberty Valance.
7. Miracolo á Milano
8. Hoxe comeza todo
9. Pocketful of Miracles
10. Groundhog Day

Etiquetas:

23 setembro 2008

Menina

Menina bonita não chora
Menina bonita não chora

Vem menina
Vem e deixe de chorar
Pois menina bonita não chora
e eu estou aqui para lhe consolar
O meu amor é forte
Você pode nele confiar
Se você está triste, feliz você será.
(Jorge Ben)

Hai hoxe un ano que está con nós. E ésta é a súa canción como "Mas que nada" e "O leaozinho" son as dos irmaos.
Parabéns pra você... nesta data querida...

Etiquetas:

19 setembro 2008

Canso

Estou canso e aburrido: como razoar con eles non é posible pode que sexa hora de calar... ou non. Unha activista de Galicia Bífida (agradezo a ofuco a invención) pensa emigrar a Salamanca: que a viaxe lle sexa leve.
Na reunión de nais e pais coas profesoras o pasado martes no colexio público onde van os nenos, unha megapija (con algunha simpatía ao redor) suxiriu que as profesoras non insistiran en dar as clases correspondentes en galego. Seica houbo réplicas que lembraron cando menos o imperativo legal ( gracias D. por empezares ti).
Unha persoa a que admiro moito comenta que os que teñen fillos son uns frikis: non lle falta razón, mesmo para conducir necesítase un mínimo de preparación (pouca polo que vexo tódolos días nas estradas) pero para traer fillos ao mundo vale calquera. Nótase, nótase cando hai pais que voluntariamente rexeitan darlle coñecementos aos fillos, darlle bos valores, darlle bo exemplo.

Antonte pola noite, no Telediario de TVE1 o presentador, Cantero, falaba non sei de que e dixo que tal cousa pasou en Sanxenxo. Rectificou rapidamente: "Sanjenjo queriamos decir".

Eu non digo nada.

Etiquetas: ,

13 setembro 2008

Consello de Gracián

Baltasar Gracián deixou dito que en tempos de tribulación non se debe facer mudanza.
Poia nesas andamos estes días, movendo caixas, achando papeis perdidos, decatándonos que nunha casa fican moitas máis cousas das que un podería pensar - e moitas delas ben inútiles.
Aproveitarei a circunstancia para facer limpeza. E cando teñamos cartos suficientes quixera facer unha brincadeira que me fai ilusión: mercar andeis para os libros - non é que sexan moitos, pero andan estrados polo chan - e ordealos pola orde alfabética dos autores.

Etiquetas:

12 setembro 2008

Pequeno laio sobre a Xustiza

Sei, porque a padecín nove anos dende un dos lados do estrado, que a Xustiza en España non vai cega como a súa representación gráfica. A algúns xuíces impórtalles, e moito, quen son os xusticiabeis, se teñen cartos ou non e a posición na escala social dos comparecentes.
Onte Zapatero e Rajoy laiábanse fariseicamente indignados pola multa imposta ao xuíz Tirado, o do caso da nena Mari Luz.
Como un ten, e outro tivo, responsabilidades no goberno do Estado, permítome lembrarlle aos dous que mellor irían as cousas nos Xulgados se as baixas de persoal foran automaticamente cubertas, se os aparellos informáticos non foran tan vellos, se houbera un mínimo control nos horarios de entrada e saída dos funcionarios, secretarios e xuíces; se non se permitira que algúns traballadores abafen baixo decenas de kilos de expedientes, amoreados en inmensas columnas ao seu carón.
Os dous deberían saber que o maior retraso na impartición das sentenzas está na demora da súa redacción, o que engadido ao feito da existencia dalgún procedemento máis xurídico que fáctico (os contenciosos, por exemplo) implica que un hipotético incremento no número de xuíces (non é tan necesario no caso dos funcionarios) aliviaría sustancialmente o panorama das cousas.
O xuíz Tirado foi responsable, como xuíz encargado de facer e non o ter feito, da non carceración do asasino de Mari Luz. É probable que os seus autos estiveran agachados baixo unha pila de asuntos pendentes, agravada a situación polo feito da non existencia de acusación particular que vixíe o descorrer do procedemento de execución da sentenza. É posible que o funcionario encargado daquel asunto estivera de baixa por enfermidade, ou de viaxe nas vacacións, e por conseguinte, o asunto estaba parado.
O xuíz Tirado foi castigado. O estrano, moi estrano, é que non pasen máis desgrazas como aquela máis a cotío.
Este é un terreo onde a clase política ten moi doado o acceso á demagoxia e a situarse ao carón do cidadán asustado e anoxado. Aproveitarán estos sucesos (Huelva, Betanzos) para reclamar e efectuar algunha medida cosmética na xudicatura ou nas oficinas xudiciais para maior groria do siciliano Lampedusa.
A vantaxe do asunto é que o remedio non é tan complicado; o defecto da solución é o prezo: moi alto, porque non é máis que pór cartos: cartos para as nóminas de máis xuíces, cartos para un sistema informático coordinado.

Etiquetas:

Bolt ou Phelps

É necesario que pase algo de tempo para ir escanciando as sensacións. Agora teño claro que o vencedor de Münich 72 foi Mark Spitz ou que en Montreal 76 a vencedora foi Nadia Comaneci, coma antes en Roma 60 fora Abebe Bikila ou en México 68 os 8,90 de Bob Beamon.
Quen resistirá mellor o paso do tempo? O velocista xamaicano ou o nadador estadounidense? Chi lo sá, máis a min maior impresión causoume o primeiro, devorando o ar, con capacidade de chegar ao límite das capacidades humanas. Usain Bolt foi o Rei dos xogos. Digo.

Etiquetas:

Pekín

Tiven a ocasión nestes días de falar con dúas persoas que estiveron nos Xogos Olímpicos de Pekín, ou Beijing que adoita ser o xeito de nomear agora a capital da China.
En ámbolos dous casos chegaron abraiados: onde antes estaban casiñas pequenas e miles de bicicletas agora hai rañaceos e nas rúas Mercedes e BMWs.
A organización foi modélica, no sentido de correcto funcionamento das cousas: miles de "voluntarios" facendo rápida e disciplinadamente a súa laboura.
Un dos meus interlocutores, o menos novo, non lonxe da idade de xubilación, ía máis alá, extraíndo conclusións sociopolíticas: "A preponderancia da sociedade occidental chegou ao seu fin. A época da Europa burguesa rematou. Chegou un cambio de ciclo. O futuro máis inminente é chinés: millóns de persoas traballando arreo catorce horas diarias por trescentos euros ao mes significa que a futura capital económica mundial é Pekín".
Ante tal perspectiva principarei a pescuda de clases de chino mandarín, para estar xa preparado para cando me deslocalicen.

Etiquetas: