11 maio 2009

Consellos de Leonardo da Vinci sobre protocolo

"Non se sentará ningún convidado sobre a mesa, nin de costas á mesa, nin sobre o colo doutro convidado.
Tampouco porá a perna sobre a mesa.
Tampouco sentará baixo a mesa en ningún momento.
Non debe pór a cabeza sobre o prato para comer.
Non tomará comida do prato do seu veciño de mesa a menos que antes pedira o seu consentemento.
Non porá anacos da súa propia comida de aspecto desagradable ou a medio mastigar sobre o prato dos seus veciños sen antes terlles preguntado.
Non secará o seu coitelo nas vestiduras do seu veciño de mesa.
Non utilizará o coitelo para facer debuxos na mesa.
Non collerá a comida da mesa para gardala no peto ou na faltriqueira para comela máis tarde.
Non morderá a froita da fonte de froitas e após devolverá a froita mordida á esa mesma fonte.
Non cuspirá fronte el.
Nin tampouco de lado.
Non pellizcará nin golpeará ao seu veciño de mesa.
Non fará figuras modeladas, nin prenderá lumes, nin se adestrará en facer nós na mesa, a menos que o meu señor Ludovico Sforza así llo pida.
Non deixará soltas as súas aves na mesa.
Nin tampouco serpes ou escarabellos.
Non cantará, nin fará discursos, nin vociferará improperios nin tampouco proporá adiviñas obscenas se está sentado ao carón dunha dama.
Non conspirará na mesa ( a menos que o meu señor así llo requira).
Non fará insinuacións impúdicas aos paxes do meu señor nin xogará cos seus corpos.
Tampouco prenderá lume ao compañeiro mentres permaneza na mesa.
Non golpeará aos servintes (a menos que sexa en defensa propia)
E se ha de vomitar, enton abandonará a mesa. "

"Se hai un asasinato planeado para a comida, entón o máis decoroso é que o asasino tome asento xunto aquel que será obxecto da súa arte ( e que se sitúe á esquerda ou a dereita desta persoa dependerá do método do asasino), pois deste xeito non interrumpirá tanto as conversas, se a realización deste feito fica limitada a unha zona pequena. En verdade, a sona de Ambroglio Descarte, o principal asasino do meu señor Cesare Borgia, débese a súa habilidade para realizar a súa tarefa sen que o advertira ningún dos comensais, e menos aínda, que sexan importunados polas súas accións.
Despois de que o cadáver ( e as manchas de sangue se as houber) sexa retirado polos servidores, é costume que o asasino tamén se retire da mesa, pois a súa presenza, en ocasións, pode incomodar as dixestións das persoas que estiveran sentadas ao carón, e neste punto, un bo anfitrión terá sempre un novo convidado, que estaría agardando fora, disposto a se sentar na mesa neste intre."

Etiquetas: ,

3 Comentarios:

Blogger Hipatia said...

Hum... Perdoa se non vou a esa cea k tiñamos pendente... :-D

2:09 da tarde  
Anonymous A Raíña Vermella said...

Leonardo sempre se caracterizou polo seu sentido común. Conspirar na mesa está moi feo, case tanto como mastigar coa boca aberta :p

8:06 da tarde  
Blogger Mario said...

E ten toda a razón, e non soporto comer cun cadáver sobre a mesa. Sonche así de repunante.

8:13 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home