28 maio 2009

Deporte galego en galego

Náufrago sacou o tema e como non lle podo facer un comentario - problema da técnica, supoño-, decido anotar eu isto.
Comentábase alí a envexa que xurdía ao ver os modos de facer no Barcelona: comentábase mesmo o caso de Beguiristain, que nada máis chegar a Barcelona decidiu buscar onde aprender catalán ( o mesmiño que eiquí).
E mesmo antonte coronaba escoitar a Guardiola respostar en Roma utilizando con fluidez o castelán, o catalán, o inglés e o italiano.

Imos retrasados, pero hai quen se move. O 3 de febreiro deste ano a Fundación Azkar - un magnífico exemplo para todos os galegos - xunto á Vicerreitoría de Cultura da USC, dirixida por Elías Torres Feijó ( que hipotético magnífico conselleiro de cultura perdimos todos o 1 de marzo ), fixo un acto no que constituían o foro "deporte galego en galego", para "promover e fomentar o uso do galego no deporte".

Coróname tamén ollar na listaxe de sinaturas a xente á que admiro tanto como Jorge Mira ou Carlos Blanco ou Ezequiel Mosquera ou Xosé Luis Veiga ou Iván Salgado ou Javier Gómez Noya, e tanta xente máis que asinou ou que de certo asinarían de boa gaña.

Fan falla máis iniciativas coma esta.

Etiquetas: ,

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Ademais de facer falla máis iniciativas, tamén fai falla publicitar máis iniciativas positivas. Non creo que sexa nada bo que andemos sempre a falar do galego con malas novas ao redor (ainda que comprendo que sexa así, posto que son moito máis numerosas), tamén debería haber máis comunicados deste estilo: pequenas boas novas que nos animen un pouquiño (que falta nos fai, non si?).

Saúdos
Larvós
http://www.blogoteca.com/oantiblog/

10:46 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home