16 dezembro 2009

Queremos Selección

Eu quero que as Seleccións galegas xoguen neste Nadal. E a máis representativa ( que non a única ), a masculina de fútbol, de primeira.
Escoito a primeira hora da mañá un ruxe ruxe: vanlle pedir a Fernando Vázquez que dirixa a Selección. Equipo convidado: Serbia.
Magnífico.
Estou disposto a pagar 25 ou 30 euros ( por dicir unha cantidade) de entrada ou de fila 0, para que se xogue este partido. Se a Xunta de Galicia segue sen cumprir os seus deberes farémolo nós. E dentro de tres anos, cando haxa que ir votar, lembrareillo a aqueles que prefiren ficar na casa.

Etiquetas: , ,