18 junho 2010

Apostas

Díxeno antes de empezar o Mundial. Hoxe, cando teño datos na miña contra repítoo: Eu imaxino unha final España- Inglaterra. E non teño claro que Brasil pase á segunda fase (poden perder perfectamente con Portugal e Costa de Marfil).
As miñas apostas: máximo goleador: Villa; mellor xogador: Messi.

Etiquetas:

Árbitros españois

Pouco a pouco voume metendo a ollar o Mundial de fútbol. Vexo case íntegro o Alemania - Serbia ao tempo que leo unha entrevista a Bujadin Boskov. De árbitro no partido está Undiano Mallenco ( corónanme os apelidos dos árbitros españois, decote tan peculiares eles ), o mellor árbitro da liga española (aínda que non esquezo que non expulsara a Juanma por un agarrón a Núñez cando ía só cara a porta, mentres que pouco despois expulsaba rigorosamente a Pinto).
Pero Undiano non ten un bo día e expulsa de xeito inxusto a Klose, o que ao cabo será importantísimo para a derrota - inmerecida - dos tedescos.
Cal é o nivel da arbitraxe española? Se non fixamos nos mundiais de fútbol: penosa.
Lamo Castillo no España - 82 atracou aos soviéticos no Brasil - URSS; Sánchez Arminio volveu facer o mesmo outra vez aos soviéticos no Bélxica - URSS de México 86; López Nieto ten a dubidosa honra de batir o récord de tarxetas nun partido dos mundiais no Camerún-Alemania do 2002.

Etiquetas:

16 junho 2010

Domingo sanguento