14 março 2011

Casablanca

Despois de moito, moito tempo, volvo ver Casablanca. Comprendo porque ninguén se lembra de Paul Henreid e porén todos admiramos a Bogart ou a Ingrid Bergman.
Esta vez véxoa en versión orixinal subtitulada ao galego, e asómbrame comprobar como a pesares da súa accidentada rodaxe a película non perdeu actualidade.
O que mais me gusta son os diálogos; especialmente, lóxico, os de Rick:
-Where were you last night?
- That's so long ago I don't remember.
-Will I see you tonight?
- I never make plans that far ahead

Etiquetas:

09 março 2011

Día da muller e Pactos da Moncloa

Onte foi conmemorado o Día Internacional da Muller. Lamentablemente aínda hai abondosos motivos para seguir nese tipo de lembranzas. De tódolos xeitos sería inxusto non recoñecer os pasos adiantes acadados nos últimos anos, sobranceiros non pola súa evidente xustiza senón polo nivel tan ínfimo de onde partían.
Relaciono iso cos Pactos da Moncloa, os "acordos económicos e políticos" asinados en outubro de 1977 polos grupos políticos mais representados no Congreso do Estado, e que nas últimas datas foi posto outra vez enriba da mesa en leve comparanza cos acordos sociais procurados polo goberno Zapatero.
A relación dos asinantes daqueles famosos documentos eran: Adolfo Suárez González, Felipe González Márquez, Joan Reventós Carner, Josep María Triginer Fernández, Manuel Fraga Iribarne, Enrique Tierno Galván, Juan Ajuriaguerra Ochandiano, Miguel Roca i Junyent, Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo, e Santiago Carrillo Solares.
Isto era o que se decidiu nos Pactos da Moncloa sobre a reforma do Código Penal:
"Con carácter urgente se abordarán las siguientes reformas:
A)Relacionadas especialmente con la mujer:
1º. Despenalización del adulterio y el amancebamiento (artículos 449 a 452 y último párrafo del artículo 443, con modificación de concordantes en el Código Civil)
2º. Regulación de la expedición de anticonceptivos, límites de publicidad y consiguiente despenalización
3º. Modificación de las edades de la mujer tomadas en consideración para la tipificación del rapto (artículos 440 y siguientes) y del estupro (artículos 434 y siguientes)

Etiquetas: ,