09 fevereiro 2012

BNG e Evelyn Waugh

Un amigo meu contoume que hai anos fora simpatizante do BNG. Despois convidárono a se facer militante, e durante unha tempada viviu os días de viño e rosas. Agora só milita, pero non simpatiza. Que está a agardar a oportunidade para liscar.

Un amigo meu colleu as verbas de Evelyn Waugh en "Retorno a Brideshead" para comparar a súa situación cun matrimonio: "Sentinme como o marido que, despois de catro anos de matrimonio, decátase de súpeto que xa non sinte ningún desexo, tenrura nin aprezo pola muller que unha vez amou; ningún gozo na súa compaña, ningún interese en lle gustar, ningunha curiosidade por nada que ela poidera facer, dicir ou pensar; ningunha esperanza de que as cousas se arranxen, ningún sentimento de culpa pola desastre. Eu coñecín todo isto (...) cando xa non nos ficaban máis que os fríos lazos da lei, o deber e o costume. Eu representara tódalas esceas do drama matrimonial, vira como as primeiras rifas facíanse cada vez máis frecuentes, como as bágoas afectaban menos, cómo as reconciliacións eran menos doces, ata que todo iso agromaba un sentimento de despego e de crítica indiferencia, e a creciente convicción de que o culpable non era eu senón a amada. Percibía as discordancias da súa voz e aprendín a escoitalas con receo; captei a incomprensión taxante e resentida que se lía nos seus ollos e o rictus obstinado e egoísta da comisura dos seus beizos. (...) O encantamento rematara e agora víaa como a unha antipática descoñecida coa que me unira nun intre de tolería."

Etiquetas:

2 Comentarios:

Anonymous xOsse dorrio said...

E o que ten as unións por interese... no bng moitos estan por cargos públicos (ex. bouza) e unha vez que a organización perde cota de poder pola súa ineptitude van probar sorte noutros caladoiros, isto é, outra unión de intereses persoais, non xerais.

2:41 da tarde  
Blogger Voz en off said...

Oh, perdóname, non penso na política pero a metáfora dunha parella que se deixa de querer é sublime.Noraboa!

1:10 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home