16 outubro 2012

Auto predición. Aposta.

Despois de ler os inquéritos publicados e repasar o histórico das eleicións do 2001, 2005 e 2009 fixen unha simulación cos seguintes datos:

Se baixa un chisco a participación ( menos residentes ausentes e bolsa de indecisos notables ), e contando cun mínimo retroceso para o PP, un medio retroceso para o PSOE, un mínimo retroceso para O BNG, e recollendo os dous últimos a AGE, sáeme o seguinte, e sobre votos totais (non poño os que creo que xa non chegan ao 5%):

A Coruña: PP 43%, PSOE 23%, BNG 12%, AGE 11%. Resultado PP 12 + PSOE 6 + BNG 3 + AGE 3

Lugo: PP 46%, PSOE 28%, BNG 13%, AGE 6%. Resultado PP 8 + PSOE 4 + BNG 2 + AGE 1

Ourense: PP 45%, PSOE 23%, BNG 14%, AGE 6%. Resultado PP 7 + PSOE 4 + BNG 2 + AGE 1

Pontevedra: PP 42%, PSOE 28%, BNG 14%, AGE 10%. Resultado PP 10 + PSOE 7 + BNG 3 + AGE 2

A posible entrada de CxG por Ourense non muda a previsión porque iría en detrimento do PSOE.

Por conseguinte: PP 37, PSOE 21, BNG 10, AGE 7.


Eu non digo nada.

Etiquetas: