El País Galicia. Acto reivindicativo.
Hoxe convidáronme a dicir unhas palabras no acto reivindicativo a prol do cuadernillo de El País Galicia, representando aos lectores.
Este foi o meu texto:
Este foi o meu texto:
Isto é
un acto reivindicativo. Reivindicar significa “reclamar a cousa que
é nosa”. Porque o cuadernillo de El País Galicia non é só dos
excelentes profesionais que o elaboran – e que ven perigar o seu
posto de traballo – senón tamén de nós: os lectores, a súa
audiencia. Daqueles cidadáns galegos que non só lemos senón tamen
mercamos un produto riguroso e plural: un digno exercicio da vella e
necesaria profesión xornalística.
El País
Galicia é noso tamén. Porque os seus lectores somos esixentes e
pretendemos unha Galicia mellor informada, e polo tanto máis
libre. Necesitamos, agora máis que nunca, a pluralidade informativa
que El País Galicia ofrece; e ao tempo necesitamos o abano de
opinións, diversas e interesantes, que se acubillan nas súas
páxinas.
Os
galegos non podemos menos que agradecerlle aos xornalistas de El País
Galicia que nos informaran antes e mellor que ninguén dos
despedimentos na Universidade de Santiago de Compostela, da Operación
Retablo, de Xerardo Conde Roa, da Operación Campeón, das andanzas
dos Carrumeiros, das peripecias en Melide, Boqueixón, Melón,
Ourense e Lugo... dos supostos Valedores do Pobo, de Telmo Martín,
das ourensanas sagas dos Baltar e San Rosendos, do Pemexgate, etc...
Xornalismo de investigación sen sensacionalismos, denuncia fundada
dos abusos dos poderes políticos... Se queremos merecer ser un país
máis libre necesitamos El País Galicia.
O
columnista de El País Galicia, Manolo Barreiro no seu último artigo
intitulado A última troita, que desexemos non sexa o
derradeiro neste xornal, dicía: “Abondan as cabeceiras
xornalísticas mais escasea a pluralidade informativa crítica. A
inmensa maioría dos nosos xornais ofrécense como distintas
variantes dunha mesma cepa conservadora”.
Esa falta
de pluralidade informativa na que ficaríamos de desaparecer El País
Galicia permítenos parafrasear as durísimas conclusións de Juan
Antonio Bardem nas Conversacións de Salamanca en 1955: A prensa
galega sen El País Galicia sería: “Políticamente ineficaz,
Socialmente falsa, Intelectualmente ínfima, estéticamente nula,
industrialmente raquítica”.
Nestas
datas de roldas de prensa sen preguntas, de comentaristas dóciles ao
amo do seu señor, de editores que tentan emular a William Randolph
Hearst (non poñendo guerras pero si poñendo gobernos) cómpre
sinalar que esta reivindicación de hoxe a prol de El País Galicia
non é unha elexía ou unha lembranza dunha realidade pasada. A
situación actual non pode ser máis que unha paréntese a piques de
rematar. Estas verbas son a esperanza nun traballo moi ben feito que
ten que volver saír en papel para lectura de todos nós. Necesitamos
El País Galicia e necesitamos a estes xornalistas.
4 Comentarios:
Entre todo temos que apoiar e defender o pais de Galiza.
Se non o fazemos, pasarannos por enriba.
PABLO
E unha vergonha.
Temos que defende-lo noso.
ISA
[url=http://ivlkrwnnz.com]gXTDQZYnRC[/url] , WQxFqucrPmHSA , http://yuxeflk.com
Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... cronometro gratis
Enviar um comentário
<< Home